Outras Actividades

Información sobre outras actividades

CINE EN FAMILIA

Disfrutade dunha mañá de Cine en familia co estreno da película “GUARDIANES DEL MUSEO” A ANPA Magnolia, en colaboración co Cine Tamberlick ofrécevos unha mañá de cine a precio reducido (5€ persoa). Será o Sábado 9 de Marzo ás 11:30h. Poden vir irmáns, curmáns, nais, avós…..Pechan unha sala para nós, pero é preciso chegar as …

CINE EN FAMILIA Ler máis »

CONTACONTOS EN INGLÉS

A ANPA Magnolia, en colaboración co centro KIDS & US, ofrece un contacontos en Inglés o Venres 23 de Febreiro ás 17:00h. A duración aproximada é de 30min, e a actividade é de balde. Debido o espazo reducido co que contamos, hai un número restrinxido de prazas, polo que pregamos que vos anotedes enviando un …

CONTACONTOS EN INGLÉS Ler máis »

ENTROIDO NO VILALAURA

O Martes 6 de Febreiro, celebraráse a Festa de Entroido no Colexio Vilalaura. Os peques poden vir disfrazados do que queiran, e as súas familias tamén. Haberá chocolatada e música. Animádevos a pasar unha tarde divertida e diferente. A entrada será pola porta de Pintor Colmeiro. O horario é de 17:00 a 19:00H. ¡¡¡¡¡Agardámosvos!!!!!

CONCENTRACIÓN EN PRAZA DO REI

Achegamos cartel informativo da concentración, que o Luns 18, vai ter lugar na Praza do rei, en protesta pola falta de Conserxes nos Centros Educativos. É un evento organizado da man por ADICOPUVI (Asociacion de Direccións de Colexios Públicos de Vigo) e FOANPAS. Animádevos a participar, en defensa dun ensino público de calidade.

VISITA DOS PAXES REAIS

Onte, os rapaces do EEI Vilalaura recibiron a visita dos Paxes das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente. Explicaron á cativada que en breves datas os Reis visitarán o colexio, e que teñen que ter preparada a súa carta, polo que deixaron o Buzón Real na entrada principal do Colexio. ¡¡¡Tíñades que ver as …

VISITA DOS PAXES REAIS Ler máis »

CAMPAMENTO DE NADAL VILALAURA

En colaboración con Fervellos ofertamos o seguinte campamento de NADAL para nen@s do colexio. Será dende o día 22 de Decembro ata o 5 de Xaneiro . Calquera dúbida podedes porvos en contacto conosco no correo da ANPA.