Educación di 12. O seu propio catálogo di 13.
Levamos desde o 9 de setembro reclamando a incorporación da terceira docente de apoio de Educación Infantil da EEI Vila Laura.
Educación sostén que o centro dispón da dotación que lle corresponde. Pero agora temos diante o documento ao que a propia Administración remite para xustificar esa afirmación.
E o documento di outra cousa.
Un catálogo.
Dúas cifras que non cadran.
catálogo oficial
en Vila Laura
O 13?
Non o dicimos nós.
Dío o catálogo.
Non estamos reclamando unha cifra escollida pola ANPA. Tampouco estamos discutindo cantas docentes nos gustaría que tivese o centro.
Estamos facendo algo moito máis sinxelo: comparar a resposta pública de Educación co documento oficial da propia Administración.
Educación afirma que Vila Laura conta coa dotación que lle corresponde segundo o catálogo oficial.
Ese catálogo establece para a EEI Vila Laura 13 efectivos de Educación Infantil.
No centro hai actualmente 12 efectivos de Educación Infantil.
PT e AL non son o efectivo EI que falta.
Na súa resposta, Educación fixo referencia tamén aos recursos de Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL) existentes no centro.
Pero o propio catálogo da Xunta contabiliza estes profesionais por separado dos efectivos de Educación Infantil.
A Xunta remitiu ao catálogo. O catálogo esixe unha explicación.
Se a Consellería mantén que Vila Laura ten a dotación que lle corresponde segundo o catálogo, ten que explicar por que o documento oficial recolle 13 efectivos EI mentres no centro hai 12.
O que non resolve a situación é afirmar que o centro conta coa dotación establecida no catálogo e, ao mesmo tempo, non explicar a cifra que aparece nese catálogo.
Desde o 9 de setembro
Semanas reclamando.
O efectivo segue sen chegar.
Primeira reclamación formal da ANPA pola falta da terceira docente de apoio de Educación Infantil.
Escritos, rexistros, contactos coa Inspección Educativa, actuacións institucionais e mobilizacións das familias.
Radio Vigo–Cadena SER pregunta a Educación. A Consellería responde ese mesmo día.
Vila Laura continúa con 12 efectivos EI fronte aos 13 que figuran no catálogo.
EXPLIQUEN
OS SEUS PROPIOS
DATOS.
VILA LAURA: 12
