Comezamos xuntas o 26/27
Xa estamos poñendo en marcha o novo curso en Vila Laura: campaña de socias e socios, Aula Matinal e unha nova programación de actividades extraescolares para acompañar ás familias durante o curso.
Despois dunhas semanas para descansar e preparar o que vén, na ANPA Magnolia xa estamos poñendo en marcha o curso 2026/27.
Socias e socios 2026/27
Xa está aberta a campaña de altas e renovacións para o novo curso.
Facerse socia/o é unha forma sinxela de apoiar o traballo da ANPA e colaborar nos servizos, actividades e proxectos que desenvolvemos para as familias de Vila Laura.
25 € por familia e curso.
Faite socia/oExtraescolares 2026/27
As inscricións están abertas ata o sábado 26 de setembro.
As actividades extraescolares comezarán o 1 de outubro.
Consulta a programación semanal, os horarios, os prezos e toda a información de cada actividade antes de facer a inscrición.
Consulta as extraescolaresAula Matinal
O servizo de Aula Matinal estará dispoñible desde o 9 de setembro.
Un recurso de conciliación para as familias antes do inicio da xornada escolar.
Información sobre o MatinalLembra: para participar nas actividades e servizos da ANPA é necesario ter formalizada a alta de socia/o para o curso 2026/27.
Todo preparado para empezar
Durante estes días iremos compartindo os avisos e recordatorios necesarios a través da web, da newsletter e das nosas canles habituais. Se aínda non formalizaches a alta para este curso, podes facelo xa.
