CAMPAMENTO DE NADAL · VILA LAURA x FERVELLOS

✨ O Nadal é tempo de ilusión, de luces, de plans en familia… pero tamén sabemos que conciliar nestas datas pode ser un auténtico quebracabezas.
Por iso, desde o ANPA Magnolia e da man de Fervellos, creamos un campamento pensado para ofrecer apoio real ás familias mentres as crianzas viven uns días cheos de maxia, creatividade e alegría.

Este campamento está dirixido a todo o alumnado da E.E.I. Vila Laura.
Tamén poden asistir nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do CEP Dr. Fleming, sempre que sexan irmáns de alumnado matriculado no Vila Laura, mantendo así a oferta exclusivamente para as familias do centro.

Un campamento pensado para cada idade

O programa inclúe nenos e nenas de entre 3 e 7 anos, organizados en grupos adaptados ao seu tramo evolutivo, garantindo actividades axeitadas ás necesidades e ao ritmo de cada idade .

Que imos facer?

🎨 Manualidades cheas de cor e imaxinación
🍪 Obradoiros de cociña para preparar pequenas delicias
🎶 Panxoliñas, baile e teatro para mover o corpo e a voz
🎁 Amigo invisible dando nova vida a xoguetes esquecidos
🧩 Xogos didácticos que combinan diversión e aprendizaxe

Datas e horario

📅 22 de decembro ao 7 de xaneiro

09:00 a 14:00 h

📍 Aulario Vila Laura

Nota importante: non haberá campamento os días 25 de decembro, 1 de xaneiro nin 6 de xaneiro.

💶 Prezos e inscrición

1. Cubrir o formulario de inscrición

Enche o formulario coa información do alumno/a e das persoas autorizadas para a recollida.

👉 Acceder ao formulario de inscrición

2. Realizar o pagamento (conta de Fervellos)

ABANCA
ES75 2080 5052 1930 4001 6966
Concepto: Nome do alumno/a + Campamento Vilalaura

Prazo de inscrición: ata o 15 de decembro (incluído). As prazas cubriranse por orde de chegada de formulario + pagamento.

Tarifas do campamento

  • Semana 1 (22–26 decembro): 60 €
  • Semana 2 (29 decembro – 2 xaneiro): 60 €
  • Campamento completo (22/12–07/01): 120 €
  • Días soltos: 15 €/día
  • Matinal e/ou fiameira: 8 €/día e servizo (mín. 8 alumnos/as)

Información importante para as familias

Co obxectivo de garantir unha boa organización, agradecemos ter en conta que:

  • As familias aceptan as normas básicas ao formalizar a inscrición.
  • Só se realizarán devolucións en situacións de forza maior.
  • Para recollidas por persoas non autorizadas, é necesario avisar e entregar autorización asinada.
  • As crianzas deben traer o seu almorzo.

Un campamento cercano, seguro e pensado con moito agarimo para facer estas vacacións máis doadas para as familias… e moito máis divertidas para as crianzas.

Máis información no dossier

Scroll ao inicio