VILA LAURA SEGUE AGARDANDO

BÚSCASE
A MESTRA N.º 13!

VENRES 6 DE NOVEMBRO

8:40 H

PORTA MOREIRA · EEI VILA LAURA

TRAE O TEU CARTEL DE «BÚSCASE»
Cartel da mobilización Búscase a mestra número 13. Venres 6 de novembro ás 8:40 h, Porta Moreira.
Mobilización das familias de Vila Laura pola dotación docente que corresponde ao centro.

Temos 12 mestras. Falta a número 13. E seguimos buscándoa.

O pasado venres suspendemos a nosa concentración por respecto ás vítimas do accidente ferroviario. Este venres volvemos mobilizarnos, coa mesma forza e esperanza de sempre.

Desta volta temos unha misión especial: atopar a mestra que nos falta.

ÚLTIMA VEZ VISTA:
No catálogo de centros da Xunta.

RECOMPENSA:
Unha escola cos recursos que lle corresponden.

COMO PODEDES PARTICIPAR?

01 · Pequenos artistas, grandes investigadores!

Convidamos a todas as crianzas a preparar na casa, coa axuda das súas familias, un cartel de «BÚSCASE A MESTRA 13».

Como imaxinan a mestra que nos falta? Poden debuxala como queiran, con total liberdade creativa, ou utilizar a plantilla que preparamos.

DESCARGAR PLANTILLA A4 (PDF)

En branco e negro, lista para imprimir e colorear.

O importante é traer o debuxo o venres á concentración!

02 · Unha escola chea de carteis de busca

Levaremos un gran cartel de «BÚSCASE A MESTRA 13» e, ao rematar a concentración, recolleremos os debuxos das crianzas.

Colocarémolos en fundas transparentes na reixa do colexio para crear un gran mural colectivo e conseguir que a nosa reivindicación siga visible despois da mobilización.

03 · Doce mestras… e unha ausencia

Durante a concentración faremos unha representación simbólica con doce persoas sostendo carteis numerados do 1 ao 12.

O lugar da mestra número 13 quedará baleiro.

O profesorado que queira sumarse será benvido. Tamén contaremos coa colaboración das familias que desexen participar.

12 NON SON 13!

Por moita retranca que lle poñamos, o que reclamamos é moi serio.

A falta de profesorado afecta á atención educativa, aos apoios, á organización do centro e ás oportunidades do alumnado.

O esforzo diario das mestras non pode converterse nunha escusa para normalizar a falta de recursos.

Non pedimos privilexios. Reclamamos o profesorado que lle corresponde a Vila Laura.

VENRES 6 DE NOVEMBRO

8:40 H · PORTA MOREIRA

Traede os debuxos, as cacerolas e as ganas de seguir sumando!

#TodasConVilaLaura

Familias que suman · Xuntas en Vila Laura

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio