
Chegamos ao Nadal facendo balance dun inicio de curso cheo de movemento, ilusión e moito traballo compartido.
Desde o ANPA Magnolia queremos darvos as grazas por formar parte desta pequena gran comunidade.
Nestes meses organizamos actividades, obradoiros, saÃdas, charlas para familias e eventos tan especiais como a visita dos Reis Magos ou o Circo de Nadal. Tamén puxemos en marcha propostas de conciliación, decoramos espazos do cole cheos de maxia… e moitas outras iniciativas que non serÃan posibles sen a implicación das familias voluntarias, a colaboración do equipo do centro e o apoio das persoas socias.
Pero o noso labor vai máis alá das actividades. Como ANPA, tamén facemos valer os dereitos das nosas crianzas, acompañamos ás familias e traballamos para que a súa voz sexa escoitada. Porque cando sumamos familias, somos máis fortes e podemos contribuÃr a unha escola máis xusta, segura e coidada para todas e todos.
Cada paso que damos ten un mesmo obxectivo:
💛 mellorar o dÃa a dÃa das nosas crianzas
💛 fortalecer a comunidade educativa
💛 facer da escola un espazo máis coidado, participativo e alegre
Grazas por sumar, por confiar e por estar aÃ.
Collemos folgos nestas festas e voltamos en xaneiro con novas ideas, proxectos e moitas ganas de seguir facendo ANPA xuntas.
Porque cando sumamos familias, construÃmos unha escola mellor para as nosas crianzas.
✨ Bo Nadal e un 2026 cheo de saúde, tempo compartido e momentos fermosos ✨
Unha aperta grande,
ANPA Magnolia – EEI Vila Laura
bo Nadal!!