Extraescolares 2026/27

Comezamos o 1 de outubro

Sabemos que moitas familias contabades co inicio das actividades extraescolares desde os primeiros días de curso. Nós tamén.

Desde a ANPA tiñamos todo preparado para comezar o 9 de setembro, tal e como se viña organizando desde finais do curso pasado.

Finalmente, por cuestións de organización interna do centro, non será posible poñer en marcha as actividades durante o mes de setembro e o inicio terá que retrasarse ao 1 de outubro.

Somos conscientes de que este cambio supón un problema importante de conciliación para moitas familias e lamentamos especialmente ter que comunicalo a poucos días do inicio do curso.

Desde a ANPA seguiremos traballando e falando co centro para que este tipo de situacións poidan planificarse con máis antelación e buscando sempre que os servizos que organizamos respondan ás necesidades reais das familias.

As inscricións realizadas mantéñense. Se fose necesario facer algún axuste concreto nunha actividade, contactaremos directamente coas familias afectadas.

Grazas pola comprensión e por seguir facendo comunidade.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio