Apuntádevos á Horta Escola!!

Aproveitando que comeza o curso recordamosvos que vos podedes apuntar á Horta Escola.

Detallamos un pouco o funcionamento:

  • HORARIO LECTIVO DO CENTRO: A horta é unha actividade que habitualmente utilizan os alumnos de 6º para plantar alí o que as profes consideran oportuno. Os peques desfrutan mogollón vendo cómo medran as sementes que plantaron. Esta actividade está coordinada pol@s profes do centro e é só para os peques.
  • FORA DE HORARIO LECTIVO: A través dun grupo de whatsapp quedamos xeralmente para preparar a horta para que os peques a teñan nas condicións óptimas cando a empregan no Horario Lectivo. Este grupo este ano coordinao Flor de Xaruma.
    • Para acceder ao grupo simplemente enviadenos un correo co voso nome e teléfono ao mail da anpa. Pode no asunto “PARTICIPACIÓN HORTO VILALAURA <NOME> <TELÉFONO>”.
    • O horario consensuase no propio grupo para maximizar a asistencia.
    • O habitual é facer duas ou tres quedadas ao ano.
    • Ás veces tamén se organizan actividades relacionadas co medio ambiente.
    • Poden ir os pais cos pequenos.
    • Como material simplemente con levar roupa que se poida manchar porque coa terra xa se sabe e o ideal son uns guantes para non esfolar as mans. O resto xa o temos no propio horto. Ah, e gañas de pasalo ben!!

Adiantamosvos que estamos preparando unha quedada para o vindeiro Mércores 20 de Setembro de 2023 ás 16:30. Pero apuntadevos ao grupo e xa coordinamos por ahí.

E como mostra un botón, aquí vos deixamos o antes e o despois dunha quedada para adecentar a horta:

Calquera dúbida quedamos á vosa disposición polas canles habituáis.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará