Toda a comunidade educativa da EEI Vilalaura está de noraboa, dende o vindeiro Luns 17 de Febreiro abrirá a Biblioteca para todas as familias do cole en horario de 16:00h a 17:30h.
É unha gran iniciativa que tiñamos en mente dende o Consello Escolar, e o final grazas a colaboración de todos, en especial ó equipo docente, pode ter lugar.
É moi importante que se poida usar este espazo para que as familias que o desexen poidan ir cos seus peques a pasar un tempo, e ler algún dos libros que se poñen a disposición, e é moi importante que desperte a curiosidade e interese dos nenos pola lectura e os libros.
Pregamos se teñan en conta as normas deste espazo.
