Queridas familias,
Desde o ANPA queremos trasladarvos a última información sobre a situación do noso centro:
✅ Confírmase a incorporación dunha nova mestra titora para a aula dos Pingüíns. Incorporarase o luns 8 de setembro e estará contratada ata o 31 de agosto do próximo ano, grazas a un plan financiado pola UE. Despois, esta praza terá que ofertarse no concurso de traslados para evitar que se dea por amortizada.
⚠️ Por outra banda, este curso reduciranse as horas dunha das PT, segundo comunicou Inspección de Educación á dirección.

Como familias, seguiremos vixiantes para garantir unha educación pública de calidade para todas as crianzas. Por agora pausamos as accións e mobilizacións para que o curso comece con tranquilidade e alegría. Isto non significa baixar a garda: estaremos atentos e informando sobre calquera novidade, mantendo a nosa voz para asegurar unha atención educativa adecuada.
A educación é de todas e todos, e a nosa participación é importante.