Información sobre a praza de mestra en Infantil – Actualización

Dende o ANPA estivemos en contacto coa dirección do centro nestes días. Ante a falta de resposta firme por parte de Educación, tiñamos previsto dar os seguintes pasos:
- Varias familias desprazarse á Inspección de Educación para presentar unha reclamación por escrito, insistindo en que a praza de Infantil nos corresponde.
- No caso de non obter avances, convocar este venres unha concentración diante da escola con familias e profesorado, coa presenza da prensa, para reclamar a cobertura da praza.
Con todo, nas últimas horas recibimos unha información de parte do Director Xeral:
- A praza quedará cuberta este curso a través do programa MEGA, destinado á contratación dunha mestra con financiamento europeo.
- Trátase dunha medida temporal, válida só para este curso, mais garante que o alumnado de Infantil contará con titoría.
- Está previsto que entre hoxe e mañá se nomee a unha especialista en Infantil; a súa incorporación oficial sería o luns, aínda que podería acudir antes para coñecer a dinámica da aula.
- A dirección da escola confirmou, ademais, que a Delegación recoñeceu que esta praza corresponde ao noso centro.