Actualización: Conciliación na Asemblea do ANPA Magnolia Vila Laura

Conciliación na Asemblea do ANPA Magnolia Vila Laura

Para facilitar a asistencia das familias á Asemblea Xeral, o ANPA Magnolia Vila Laura contará cunha monitora que atenderá ás nenas e nenos.
👉 Por favor, indica o nome e curso do teu fillo/a para poder facer unha previsión.

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

Estimadas familias,

De acordo cos Estatutos, convócase a todas as familias da EEI Vilalaura á Asemblea Xeral Ordinaria do ANPA Magnolia Vila Laura, que terá lugar:

  • Data: Luns, 22 de setembro de 2025
  • Hora: 15:30 h (primeira convocatoria) / 16:00 h (segunda convocatoria)
  • Lugar: EEI Vilalaura – patio pequeno (entrada por portas Moreira e Musical)

Adxuntamos a convocatoria oficial coa orde do día.

Tal e como se indica nela:

  • O acta da asemblea anterior foi enviada previamente e someterase directamente á súa aprobación. Podes consultala aquí: Acta Asemblea Anterior
  • O informe de Tesouraría e a memoria económica do curso 24/25 tamén foron enviadas e estarán á disposición das familias. Podes consultala aquí: Memoria Económica 24/25

Observación importante: Se convida a todas as familias da EEI Vilalaura a asistir, aínda que só os socios do ANPA teñen dereito a voto durante a asemblea.

Animámosvos a participar activamente, xa que a vosa implicación é fundamental para defender os intereses das nosas fillas e fillos e mellorar o funcionamento do centro e dos servizos do ANPA.

Un cordial saúdo,

A Xunta Directiva
ANPA Magnolia Vila Laura

Scroll ao inicio