Presentamos unha nova actividade organizada pola ANPA.
En colaboración cos nosos amigos da senda do moucho percorreremos a Senda da Fraga en Moaña. Con eles os pequenos descubrirán os segredos do monte da man de Gerardo e os seus amigos.
A inscripción é por neno, os nenos irán todos en grupo con Gerardo e os seus colaboradores e a pouca distancia irá un adulto por neno. Se nos queren acompañar máis integrantes da familia ou amigos, poden sen problema pero un pouquiño máis atrás. O obxectivo é desfrutar todos dos nosos montes e que os nenos descubran a contorna dunha forma lúdica e da man dun esperto.
Ao rematar a ruta faremos un pequeno pícnic para o que queira quedarse, a comida non está incluída co que o que se quede deberá traer a súa comida.
Unha vez inscritos enviaremos o lugar da quedada e o resto de detalles.
Calquera dúbida contacta coa anpa a través do noso correo ou polas canles habituais.
Non nos mires, Únete!!