Abrimos novas altas de natación
Despois de tramitar as renovacións do alumnado que xa participaba no programa, abrimos o prazo para solicitar as prazas que quedan dispoñibles nos distintos grupos de Natación Escolar na Piscina das Travesas.
Quen pode solicitar praza?
As familias de Vila Laura interesadas en incorporar un neno ou nena ao programa de Natación Escolar poden presentar xa a súa solicitude.
A asignación dependerá das vacantes dispoñibles en cada grupo e horario.
Como solicitar unha praza?
Importante
Cubrir o formulario non implica a asignación automática dunha praza.
A inscrición considerarase confirmada unicamente cando a ANPA comunique expresamente á familia que existe unha vacante dispoñible.
Sobre o programa
A Natación Escolar é un programa do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo (IMD).
Desde a ANPA Magnolia facemos de enlace co IMD e facilitamos ás familias de Vila Laura a xestión das renovacións, novas altas e documentación necesaria.
Prazas limitadas
As novas altas realizaranse sobre as vacantes que quedan dispoñibles unha vez tramitadas as renovacións.
Se estades interesadas, recomendamos enviar a solicitude canto antes para poder organizar a asignación das prazas dispoñibles.
Queres solicitar unha praza?
Envíanos os datos a través do formulario e comprobaremos a dispoñibilidade.
Solicitar praza de natación