ABERTO PRAZO PARA RENOVACIÓN 2º CUADRIMESTRE NATACIÓN

Bo día familias, infórmase de que dende hoxe e ata o 17 de Xaneiro se abre o prazo para a renovación dos alumnos do curso de Natación. A partir desta data publicaráse se quedan prazas valeiras para novas altas.

Nembargantes, se alguén quere darse de alta para o segundo cuadrimestre podedes enviarnos un mail para que nós estemos informados e poidamos facer unha previsión das posibles novas prazas.

O único que tedes que facer é enviarnos por mail o xustificante de ingreso na nosa conta ( ES59 2100 5912 4302 0016 3657 )da cota do 2º cuadrimestre de Natación, que é de 33,40€ por alumno. No concepto poñedes NATACION 2º + NOME DO ALUMN@ (EX: NATACION 2º+ ROI PENÍS)

Calquera consulta atenderemos por mail ou no noso teléfono ( 616008784 ) en horario de mañáns.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *