
A ANPA Magnolia quere informaros que a escola terá representación no día da muiñeira, que se celebrará o vindeiro Domingo 18 de Maio. As crianzas que participan na actividade de Baile Galego, xunto coa profesora Marian, será unha das agrupacións que desfilarán ese día polas rúas de Vigo nun acto que persegue por en pulo o valor das tradicións e cultura do noso pobo.
Dende a ANPA queremos dar as grazas a Marian e as familias das crianzas por facer isto posible e animamos a que vaiades presenzar un espectáculo cheo de alegria, cor e música. Paga a pena, en verdade.