20 DÍAS.
E A MESTRA
SEGUE SEN CHEGAR.
Vinte días despois do inicio do curso, a EEI Vila Laura continúa sen completar a súa dotación de profesorado de apoio.
Non pedimos un reforzo extraordinario
A EEI Vila Laura ten 10 unidades de Educación Infantil. O Acordo do 8 de xuño de 2007 sobre os catálogos dos postos de traballo establece como criterio de atención preferente ao alumnado de Infantil un docente de apoio por cada tres unidades.
1 docente de apoio por cada 3 unidades de Educación Infantil.
Acordo do 8 de xuño de 2007 sobre os catálogos dos postos de traballo dos centros de Educación Infantil e Primaria e sobre a xornada de traballo do corpo de mestres.Educación Infantil
que corresponden
actualmente
Non estamos reclamando un privilexio nin un reforzo excepcional. Reclamamos que Vila Laura conte coa dotación docente que lle corresponde.
Que significa ter unha mestra menos?
Non é simplemente unha cifra nun cadro de persoal.
A falta desta docente reduce a capacidade do centro para organizar a xornada e responder cando coinciden ausencias, incidencias ou diferentes necesidades de atención.
E a solución non pode consistir en trasladar esa carencia a outros recursos que xa teñen unha función propia dentro do centro.
Non substitúen a mestra que falta.
As profesionais de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe desenvolven unha función específica na atención ao alumnado con necesidades de apoio educativo. Utilizar estes recursos para compensar a falta de profesorado ordinario non crea máis persoal: despraza un recurso que xa é necesario.
Non queremos que para cubrir unha necesidade se deixe outra sen atender. Queremos que o centro dispoña dos recursos necesarios para atender correctamente a todas as crianzas.
Dixéronnos que viría
O 15 de setembro, despois dunha reunión da dirección do centro con Inspección Educativa, trasladóusenos que a terceira docente de apoio sería dotada.
Confiamos naquela información. Tanto que ao día seguinte informamos publicamente ás familias de que a praza sería dotada, deixando pendente unicamente a súa incorporación efectiva.
A incorporación non se produciu. As comprobacións realizadas posteriormente por organizacións sindicais e trasladadas á ANPA apuntan agora a que non está prevista a dotación desa praza.
Non imos especular sobre por que aquela previsión non se materializou. O que podemos comprobar é moito máis sinxelo:
20 días reclamando
Durante estas semanas non estivemos esperando en silencio. Utilizamos as diferentes vías ao noso alcance para pedir unha solución.
Presentamos a primeira reclamación formal pola falta de recursos humanos no centro.
Trasládasenos que a terceira docente de apoio será dotada.
Presentamos novos escritos ante diferentes órganos da Consellería e de Inspección Educativa.
Concentración e cacerolada en Porta Moreira para reclamar a incorporación da docente.
A mestra segue sen chegar.
Non é só Vila Laura
A situación de Vila Laura prodúcese nun inicio de curso no que FOANPAS, organizacións sindicais e diferentes comunidades educativas están facendo públicas carencias de persoal noutros centros de Vigo e da súa contorna.
As necesidades non son idénticas en todos os centros, pero comparten unha preocupación: que as escolas dispoñan dos recursos humanos necesarios para atender correctamente ao alumnado.
