O Obradoiro “Defensa persoal en familia” está xa moi preto, e queremos lembrarvos que o formulario de inscrición pechará este luns día 8 ás 14:00 h.
Se estades interesados en participar nesta sesión práctica impartida por IMAXINA e guiada por Yahel Lorén —un espazo para aprender, practicar e fortalecer a seguridade e a confianza no ámbito familiar— é importante realizar a reserva antes do peche do prazo.
📅 Data do obradoiro: Martes 9 de decembro · 17:00 h
📍 Lugar: Patio da EEI Vila Laura
👨👩👧 Dirixido a todas as familias · Límite de 30 persoas
👉 [Ligazón ao formulario de inscrición]
A actividade é gratuíta pero require inscrición previa. As prazas confirmaranse o día anterior e, por cuestións de espazo, podería limitarse a participación a unha persoa adulta por familia se fose necesario.
Non o deixedes pasar — ¡aínda estades a tempo!
#XuntosFacemosEscola