📢 Recordatorio: Mañá de cine en familia con Zootrópolis 2

Lembramos a todas as familias que este domingo terá lugar a nosa mañá de cine organizada pola ANPA Magnolia Vila Laura nos Cines Tamberlick.

📅 Data: Domingo, 30 de novembro
🕚 Hora: 11:30 h
📍 Lugar: Cines Tamberlick

❗ Últimos días para inscribirse

O formulario de inscrición permanecerá aberto ata o sábado 29 ás 14:00. Recomendamos inscribirse canto antes para facilitar a organización.

🎟️ Sen inscrición previa? Tamén podedes asistir

As familias que non teñan feito a inscrición tamén poden acudir directamente aos Cines Tamberlick e mercar as entradas en taquilla, dispoñibles ao mesmo prezo que na inscrición online.

📧 Acceso á sala

As familias que mercasen as entradas a través da inscrición online deberán amosar na taquilla o email de confirmación de compra para acceder á sala.

🍿 Combo de palomitas + bebida

Para aquelas familias que teñan previsto coller o combo, é recomendable chegar arredor das 11:00 h, de maneira que todo poida organizarse con tranquilidade antes do inicio da sesión, que comezará puntualmente ás 11:30 h.


Agardamos vervos e gozar xuntos dunha mañá chea de cine, diversión e boa compañía.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio