Lembramos a todas as familias que este domingo terá lugar a nosa mañá de cine da nova película de Super Mario Bros: “Super Mario Galaxy: La película”
❗ Últimos días para inscribirse
O formulario de inscrición permanecerá aberto ata o sábado 11 de abril ás 14:00. Recomendamos inscribirse canto antes para facilitar a organización.
📅 Domingo, 12 de abril
⏰ 11:30 h
📍 Cines Tamberlick · Praza Elíptica (3h e 30minutos parking gratuito)
💶 Entrada: 5 € por persoa
A sala pecharase unicamente para o noso grupo. Precisamos cubrir 50 prazas, e poden asistir irmáns, curmáns, nais, pais, avós… todas as persoas que queiran acompañar e vivir esta experiencia compartida.
📝 Como reservar as túas entradas
1. Cubre o seguinte formulario, no que debes adxuntar o xustificante do pago:
2. Realiza o pago de 5 € por persoa mediante ingreso ou transferencia no número de conta:
💳 ES59 2100 5912 4302 0016 3657
3. No concepto indica:CINE + NÚM. ASISTENTES + FAMILIA [APELIDO1 APELIDO2]
(Exemplo: CINE + 4 + FAMILIA PÉREZ LÓPEZ)
💡 O formulario e o xustificante axúdannos a confirmar as reservas e organizar as prazas con tempo, para que todas as familias poidan desfrutar desta mañá de cine sen complicacións.
💡 O formulario de inscrición permanecerá aberto ata o sábado 11 de abril ás 14:00. Recomendamos inscribirse canto antes para facilitar a organización.
🍿 Combo especial para a sesión
O propio día da proxección, o Cine Tamberlick ofrecerá un combo de palomitas + bebida por 5 €, dispoñible directamente na taquilla antes de entrar.
Un detalle máis para facer da sesión un plan redondo para os máis pequenos… e tamén para os maiores!
🎟️ Acceso á sala
As familias que mercasen as entradas a través da inscrición online deberán amosar na taquilla o email de confirmación de compra para acceder á sala.
Recordade que coa entrada tedes 3h e 30 minutos de parking gratuíto que se solicitará na taquilla.

✨ Animádevos a vir! Será unha mañá chea de risas, aventuras e boas lembranzas compartidas. Porque o cine, cando se vive en familia, sabe moito mellor 💛