Lembramos a todas as familias que este domingo terá lugar a nosa mañá de cine da nova película de Disney e Pixar “Hoppers”, organizada pola ANPA Magnolia Vila Laura nos Cines Tamberlick.
📅 Data: Domingo, 8 de marzo
🕚 Hora: 11:30 h
📍 Lugar: Cines Tamberlick (parking gratuito 3h30min)
❗ Últimos días para inscribirse
O formulario de inscrición permanecerá aberto ata o sábado 7 ás 14:00. Recomendamos inscribirse canto antes para facilitar a organización.
🎟️ Sen inscrición previa? Tamén podedes asistir
As familias que non realizasen a inscrición previamente e decidan asistir no último momento poderán acudir directamente aos Cines Tamberlick para mercar as entradas en taquilla, que estarán dispoñibles ao mesmo prezo ca na inscrición en liña.
📧 Acceso á sala
As familias que mercasen as entradas a través da inscrición online deberán amosar na taquilla o email de confirmación de compra para acceder á sala.
Recordade que coa entrada tedes 3h e 30 minutos de parking gratuíto que se solicitará na taquilla.
🍿 Combo de palomitas + bebida
Para aquelas familias que teñan previsto coller o combo, é recomendable chegar arredor das 11:00 h, de maneira que todo poida organizarse con tranquilidade antes do inicio da sesión, que comezará puntualmente ás 11:30 h.
Agardamos vervos e gozar xuntos dunha mañá chea de cine, diversión e boa compañía.