📢 Recordatorio: CAMPAMENTO DE NADAL · VILA LAURA x FERVELLOS

¡Non esquezas que se achega o noso Campamento de Nadal!

📅 22 de decembro ao 7 de xaneiro
⏰09:00 a 14:00 h
📍Aulario Vila Laura

Lembramos que para que o campamento se poida realizar, é necesario acadar un mínimo de participantes. Se non se cumpre este requisito, lamentablemente non poderemos levalo a cabo.

¡Aínda estás a tempo de anotarte e asegurar a túa praza! Non perdas a oportunidade de gozar dunha experiencia única estas festas.

📌 Máis información e reservas no seguinte enlace:
https://anpavilalaura.org/campamento-de-nadal-·-vila-laura-x-fervellos/

Este campamento está dirixido a todo o alumnado da E.E.I. Vila Laura.
Tamén poden asistir nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do CEP Dr. Fleming, sempre que sexan irmáns de alumnado matriculado no Vila Laura, mantendo así a oferta exclusivamente para as familias do centro.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio