Queridas familias,
Mañá, xoves 25 de setembro de 2025, celébrase unha folga do profesorado. O centro permanecerá aberto no seu horario habitual e contará coa presenza da dirección ou do equipo directivo, tal e como marcan os servizos mínimos.

As clases poderían non desenvolverse con normalidade, mais confirmamos que os servizos de matinal e comedor funcionarán con total normalidade, polo que podedes facer uso deles con tranquilidade.
Esta folga convócase para reclamar a recuperación de dereitos no ensino público galego: máis profesorado, redución de ratios, eliminación de burocracia e mellores condicións laborais.
Agradecemos a vosa comprensión e apoio nesta situación.
Unha aperta,
Xunta Directiva ANPA Magnolia