📢 Enquisa sobre as actividades extraescolares

Dende a ANPA queremos seguir mellorando a oferta de actividades extraescolares do centro e adaptala ás necesidades reais das nosas familias. Para iso, convidámosvos a participar nunha breve enquisa coa que recolleremos a vosa opinión.

👉 Esta enquisa está dirixida a todas as familias, tanto ás que teñen fillos e fillas inscritos nas actividades extraescolares como ás que non participan nelas actualmente. As vosas respostas axudarannos a coñecer intereses, propostas de mellora e tamén os motivos polos que algunhas familias deciden non inscribirse.

A enquisa é anónima e levará só uns minutos completala. A vosa colaboración é fundamental para construír unha oferta de actividades máis atractiva, accesible e acorde ás necesidades do alumnado e das familias.

📅 Prazo de participación: O formulario estará aberto ata o vindeiro venres 16 de xaneiro
🔗 Ligazón á enquisa: [pincha aquí]

Moitas grazas pola vosa participación e colaboración.

Un saúdo,

ANPA Magnolia – EEI Vila Laura

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio