🎬 Mañá de cine en familia: estrea de “ZOOTRÓPOLIS 2”

Despedimos novembro cun plan perfecto para gozar en familia: unha mañá de cine pensada só para as familias do EEI Vila Laura.

A ANPA Magnolia, en colaboración co Cine Tamberlick, convida a todas as familias a unha sesión especial e exclusiva a prezo reducido, para que pequenos e maiores poidan compartir xuntos a maxia da gran pantalla.

📅 Domingo, 30 de novembro
11:30 h
📍 Cines Tamberlick · Praza E
💶 Entrada: 5 € por persoa

🎟️ A sala pecharase unicamente para o noso grupo. Precisamos cubrir 50 prazas, e poden asistir irmáns, curmáns, nais, pais, avós… todas as persoas que queiran acompañar e vivir esta experiencia compartida.

💛 É unha actividade aberta a toda a comunidade educativa do EEI Vila Laura, non é necesario ser socio/a da ANPA para participar (aínda que nos faría moita ilusión contar contigo tamén como socia ou socio 😉).

Será unha oportunidade estupenda para xuntarnos fóra do cole, rir, emocionarnos e disfrutar dunha película para toda a familia: “Zootrópolis 2”


📝 Como reservar as túas entradas

1. Cubre o seguinte formulario, no que debes adxuntar o xustificante do pago:

2. Realiza o pago de 5 € por persoa mediante ingreso ou transferencia no número de conta:
💳 ES59 2100 5912 4302 0016 3657

3. No concepto indica:
CINE + NÚM. ASISTENTES + FAMILIA [APELIDO1 APELIDO2]
(Exemplo: CINE + 4 + FAMILIA PÉREZ LÓPEZ)


💡 O formulario e o xustificante axúdannos a confirmar as reservas e organizar as prazas con tempo, para que todas as familias poidan desfrutar desta mañá de cine sen complicacións.


🍿 Combo especial para a sesión

O propio día da proxección, o Cine Tamberlick ofrecerá un combo de palomitas + bebida por 5 €, dispoñible directamente na taquilla antes de entrar.
Un detalle máis para facer da sesión un plan redondo para os máis pequenos… e tamén para os maiores!


📞 Contacto

Para calquera dúbida, podedes escribirnos ao correo da ANPA.
Estaremos encantadas de axudarvos.


✨ Animádevos a vir! Será unha mañá chea de risas, aventuras e boas lembranzas compartidas. Porque o cine, cando se vive en familia, sabe moito mellor 💛


Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio