🎬 Despedimos o curso cunha nova sesión de cine en familia!

Chega a última sesión do noso ciclo de cine en familia e queremos celebralo cun plan moi especial para pechar este curso compartindo unha mañá de aventuras, risas e emocións.

Nesta ocasión, acompañaremos a Woody, Buzz e o resto da pandilla en “Toy Story 5”, a nova entrega da inesquecible saga de Pixar que leva máis de dúas décadas emocionando a pequenos e maiores.

A ANPA Magnolia, en colaboración co Cine Tamberlick, convida a todas as familias a unha sesión especial e exclusiva a prezo reducido, para que poidamos despedir o curso disfrutando xuntos da maxia da gran pantalla.

📅 Sábado, 20 de xuño
⏰ 11:30 h
📍 Cines Tamberlick · Praza Elíptica (3h e 30 minutos de parking gratuíto)
💶 Entrada: 5 € por persoa

A sala reservarase unicamente para o noso grupo. Precisamos cubrir 50 prazas, e poden asistir irmáns, curmáns, nais, pais, avós… todas as persoas que queiran acompañarnos nesta última actividade do curso.

É unha actividade aberta a toda a comunidade educativa do EEI Vila Laura. Non é necesario ser socio/a da ANPA para participar (aínda que nos encantaría contar contigo tamén como socia ou socio 😉).

Será unha oportunidade estupenda para despedirnos antes das vacacións, compartir un tempo en familia e crear novos recordos arredor dunha das sagas máis queridas do cine de animación.

📝 Como reservar as túas entradas

  1. Cubre o seguinte formulario, no que debes adxuntar o xustificante do pago:
  1. Realiza o pago de 5 € por persoa mediante ingreso ou transferencia no número de conta:
    💳 ES59 2100 5912 4302 0016 3657
  2. No concepto indica:
    CINE + NÚM. ASISTENTES + FAMILIA [APELIDO1 APELIDO2]
    (Exemplo: CINE + 4 + FAMILIA PÉREZ LÓPEZ)

💡 O formulario e o xustificante axúdannos a confirmar as reservas e organizar as prazas con tempo, para que todas as familias poidan desfrutar desta mañá de cine sen complicacións.

💡 O formulario de inscrición permanecerá aberto ata o venres 19 de xuño ás 15:00 h. Recomendamos inscribirse canto antes para facilitar a organización.

🍿 Combo especial para a sesión

O propio día da proxección, o Cine Tamberlick ofrecerá un combo de palomitas + bebida por 5 €, dispoñible directamente na taquilla antes de entrar.

🎟️ Acceso á sala

As familias que mercasen as entradas a través da inscrición online deberán amosar na taquilla o email de confirmación de compra para acceder á sala.

Recordade que coa entrada tedes 3h e 30 minutos de parking gratuíto, que se solicitará na taquilla.

📞 Contacto

Para calquera dúbida, podedes escribirnos ao correo da ANPA. Estaremos encantadas de axudarvos.

✨ Animádevos a vir! Será a mellor maneira de despedir este curso: compartindo unha mañá de cine, amizade e diversión. Porque as mellores historias, igual que os mellores recordos, sempre se viven en familia. 💛

Scroll ao inicio