Onte o patio do cole encheuse de maxia, misterio e moita alegría.
Os nenos e nenas gozaron dos obradoiros, dos xogos e da música, nun ambiente cheo de fantasía, risas e disfraces terroríficos 🕸️🧙♀️
As familias superáronse cunhas meriendas alucinantes, cheas de imaxinación, sabor e moito cariño 💀🧁
Un agradecemento enorme por todo o esforzo, por participar e por facer posible unha tarde tan especial.
Tamén queremos dar as grazas por axudar na recollida e limpeza 🙌
Grazas a esa colaboración, hoxe o patio volveu estar limpo e preparado para seguir aprendendo e xogando 🌞
Este tipo de días recórdannos o máis importante:
que o cole non é só un lugar para aprender academicamente,
senón tamén un espazo onde os nenos e nenas medran como persoas,
e onde as familias construímos comunidade e compartimos tempo, ilusión e amizade 💕
✨ Grazas por facelo posible un ano máis!